DEIXANDO A TERRIÑA
Coa alma chorando
se queda una nae
de ver a unha filla
que vai a casar...
Vai lonxe moi lonxe
onde morre o vento
a unha terra extraña
cruzando o seu mar...
e na alma deixa
co unha dor tan grande
tanta tanta anguria
que non sei pensar
Os anos castigan
e déixan nos rúas
que vanse cravando
con forza na pel...
Os fillos creceron
pero os pais mermaron
e agora tornaron
nun fraxil papel...
Pensando nos mozos,
os ollos se cerran
de ver tantas lúas
que esperan se troquen
en lúas de mel...
No hay comentarios:
Publicar un comentario