jueves, 15 de diciembre de 2011

UN PAXARIÑO MORRÍA

UN PAXARIÑO MORRÍA

Un paxariño morría,
sen comer morto de frío
afastado dos demais,
sen sequera dicir pío,

Ninguén sabía o segredo,
porque do bosque marchou,
e ae quen di que na cidade
el coñeceu unha londra
e dela se namorou...

pero a londra tiña amores,
e soa emprendeu seu bo,
e para facer seu niño
a o paxaro deixou só

E así coas as moi cansas,
sen ter ninguén que arrimar
o paxariño chorando,
xa está farto de loitar...

E entre os penedos, se escoita
do paxariño un lamento,
dicindo ti es miña londra
causa do meu pasamento,

Sen ti non quero voar,
quero morrer mar adentro
para que as penas da alma
van se afogar por ti
para que chas leve o vento

Carmen Patiño Fernández
A Coruña día 12 de abril de 2003

miércoles, 14 de diciembre de 2011

Achegouse o inverno as rochas
e estas enfurecidas,
mandaron ruxir a o vento
e o vento vengouse en vidas...

Non lle valeron lamentos
nin bágoas, entre cascallos,
recollendo a os mariñeiros
mortiños nos seus traballos...

Ninguen sabía que a morte,
leva a costa a sua güadaña
e vai tinguindo coas ondas,
loito nos mares de España

Morte que a morte semellas
como podes ser tan ruín
de deixar a un fillo orfo
a unha viuva, morta en fin..

Como unha esperanza vivo
para o día que me chames
para ver se tes arrestos
e ao inferno me reclames...

por que no inferno xa vivo
e as miñas peniñas sabes
non necesito que veñas
que eu tamén xa teño as chaves