NON ERAN GAIVOTAS MORTAS,
Non eran gaivotas mortas,
eran almas esquecidas,
que en chapapote cubertas,
alguén lles cortou as súas ás,
Non era chapapote negro
era veleno e maldade
eran tan só malicia,
recortando liberdade...
Foron días de pregarias,
tamén foron maldicións,
a quen matou a beleza,
e o pan do pescador...
Foron días como sempre,
onde Galicia é a escrava ,
de caprichos, do destino,
que coa nosa terra acaba...
Non eran gaivotas mortas,
eran so panos mollados,
de mariñeiros sen pan,
ao quedar desempregados,
Un ¡Xa abonda retumbaba!
Mans negras, brancas batas.
Ojala non repetisen
estas accións tan malditas
que ao eco sistema matan...
Pero hoxe outro escenario,
Tinguiuse de amargura,
E a fauna de Florida,
tinguida toda de loito
Polo mar navega escura?
Carmen Patiño Fernández...
Carmiña
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario